Este artigo non foi escrito por min, senón que o recibín nunha lista de correo, o publico polo interese que para mín ten o artigo:
“Estes dias chegoume unha nova sobre a proposta de lei do partido
socialista en contra da pirateria, o que se está a propor é a regulación
e ordenación dos contidos da rede, e por outra banda controlar o
software de visualización para que incorporar a retribución na industria
cultural, segundo os sociatas a difusión da cultura de xeito gratuíto e pernicioso
para a industria cultural, certo é, máis que pasa coa cultura? debe
estar suxeita a os parámetros económicos? debemos agardar a que un
“produto” de beneficios para que o podamos coñecer? neste sentido as
cidadanas somos clientes ou cabe a posibilidade de que o aceso á cultura
sexa un dereito. Que teñen que ver os editores cos autores? a parte de
que os primeiros tentarán sangrar por todos os medios aos segundos. Non
será que a especulación nas artes, na cultura, do mesmo xeito que foi na
vivenda, segue a ser o perigo na produción cultural.
Mentres os recortes de liberdades se institucionaliza cada vez máis na
rede, os espazos de promoción do software libre están baixo ameaza. Tal
é o que acontece con bulma.net despois de publicar un artigo neste
sentido foi sabotada e agora mesmo non é posíbel chegar á páxina: (aínda
podemos velo na caché de google)
pero para a sua mellor difusión temos unha copia aqui.
Ante o inminente intento de prohibición das redes p2p no parlamento
europeu e o controle na rede, é o momento de berrar moi alto e sacar á
luz os verdadeiros intereses destes chamados socialistas.
A cultura é un dereito, basta de recortes nas nosas libertades, non
somos clientes, pola cultura libre e a creación compartida.”
Máis información: http://hispalinux.es/node/674