Asociación Shanga India
Esta asociación ten a misión de escolarizar e dar de comer a nenos dunha rexión da india esquecida polo goberno dese país. Podes facerte socio eiquí:
A fundadora desta asociación é Neneta Herrero, nai do meu cuñado Iván. E foi Iván o que me falou dela fai tempo. Así que mellor que vos fale un pouco máis el da escola:
“Ben, Shanga Galiza-India non é máis que un pequeno proxecto levado a cabo por un pequeno grupo de amigos que apoian a iniciativa que a miña nai emprendeu xa hai uns poucos anos, ela pasou de atoparse na India por turismo a involucrarse persoalmente na vida dos habitantes locais, e facer seu un problema deles que se cadra é tamén un problema de todos.
Habitantes locais que continuamente son observados polo turista dende a óptica do “outsider”, fuxindo de admitir que o que se ve existe, ou no millor dos casos que poidamos ter algo de responsabilidade ou que algo do que nós fagamos poda ter un impacto positivo nas súas vidas.
Turista que observa fuxindo de recoñecer que tanto do que lles acontece pode ser consecuencia do noso estilo de vida en occidente como do noso arrogante e imperialista xeito de dirixirnos a eles.
En fin, a cousa é que as veces quen menos se espera, neste caso a miña nai lánzase por un tobogán do que non se atopa o fin, nunha aventura de colaboración que nun inicio pode parecer un arrebato, pero que co paso do tempo se consolida nese grao de area que brila cunha intensidade especialmente forte no medio dun inmenso areal.
Moit@s nen@s xa reciben ou recibiron a súa educación nesta escola. Demasiad@s se ven forzad@s a durmir e comer (de forma gratuita) na escola por non poder cubrir a diario a distancia entre ás súas casas e a mesma, e por todo isto e moitas cousas máis que podedes ler na páxina web http://shangaindia.org/ ou ollar no documental, ou contemplar directamente se tedes a sorte de poder viaxar por eses lares”
